Manual do Usuario do Nokia 5228
Edición 4.0
DECLARACIÓN DE CONFORMIDADE
Pola presente, NOKIA CORPORATION afirma que este produto RM-625 cumpre cos
requirimentos básicos e con outras condicións relevantes da Directiva 1999/5/CE.
Pódese consultar unha copia da Declaración de conformidade na páxina http://
www.nokia.com/phones/declaration_of_conformity/.
© 2010 Nokia. Todos os dereitos reservados.
Nokia, Nokia Connecting People, Nokia Care e Ovi son marcas comerciais ou marcas comerciais rexistradas de
Nokia Corporation. Nokia tune é unha melodía rexistrada de Nokia Corporation. O resto de produtos e nomes
de compañías mencionados neste documento poden ser marcas comerciais ou marcas comerciais rexistradas
dos seus respectivos propietarios.
A reprodución, transferencia, distribución ou almacenaxe de todo ou parte dos contidos deste documento, de
calquera modo e sen o previo consentimento por escrito de Nokia está prohibido. Nokia opera cunha política
de desenvolvemento continuo e resérvase o dereito a efectuar modificacións e melloras en calquera dos
produtos descritos neste documento sen previo aviso.
This product includes software licensed from Symbian Software Ltd ©1998-2010. Symbian and
Symbian OS are trademarks of Symbian Ltd.
Java and all Java-based marks are trademarks or registered trademarks of Sun Microsystems, Inc.
Este produto concédese baixo a licenza MPEG-4 Visual Patent Portfolio License (Licenza de carteira de patentes
de vídeo MPEG-4) (i) para o uso persoal con fins non comerciais en relación cunha información codificada de
acordo co estándar de vídeo MPEG-4 por un consumidor que realiza unha actividade persoal e non comercial e
(ii) para o seu uso en relación co vídeo MPEG-4 fornecido por un provedor de vídeo con licenza. Deste xeito, non
se outorga licenza nin se autoriza ningún outro uso. É posible obter información adicional de MPEG LA, LLC,
incluída a información relacionada cos usos promocionais, internos e comerciais. Para obter dita información,
visite a páxina http://www.mpegla.com.
NA MÁXIMA MEDIDA PERMITIDA POLA LEXISLACIÓN APLICABLE, NIN NOKIA NIN NINGÚN DOS SEUS LICENZANTES SE
RESPONSABILIZARÁ BAIXO NINGUNHA CIRCUNSTANCIA DA PERDA DE DATOS OU INGRESOS NIN DE NINGÚN DANO
ESPECIAL, INCIDENTAL, CONSECUENTE (LUCRO CESANTE) INDIRECTO, INDEPENDENTEMENTE DA SÚA CAUSA.
OS CONTIDOS DESTE DOCUMENTO FORNÉCENSE "TAL CAL". SALVO QUE ASÍ O ESIXA A LEI APLICABLE, NON SE OFRECERÁ
NINGÚN TIPO DE GARANTÍA, EXPRESA OU IMPLÍCITA, INCLUÍDA, PERO SEN LIMITARSE A ELA, A GARANTÍA IMPLÍCITA
DE COMERCIABILIDADE E ADAPTACIÓN A UN PROPÓSITO CONCRETO CON RESPECTO Á EXACTITUDE, FIABILIDADE E
CONTIDO DESTE DOCUMENTO EN CALQUERA MOMENTO SEN PREVIO AVISO. NOKIA RESÉRVASE O DEREITO DE REVISAR
OU RETIRAR ESTE DOCUMENTO EN CALQUERA MOMENTO SEN PREVIO AVISO.
A enxeñería inversa do software incluído no dispositivo está prohibida na medida permitida pola lexislación
aplicable. Na medida en que esta guía de usuario contén limitacións nas representacións, garantías, danos e
responsabilidade de Nokia, é moi probable que as limitacións mencionadas limiten as representacións, as
garantías e os danos e responsabilidades dos outorgantes de licenza de Nokia.
A dispoñibilidade de aplicacións, produtos e servizos concretos pode variar segundo a rexión xeográfica. Póñase
en contacto co seu distribuidor Nokia para coñecer os detalles e a dispoñibilidade dalgúns idiomas. Este
dispositivo pode conter elementos, tecnoloxía ou software suxeitos á lexislación de exportación e ás normativas
dos Estados Unidos e doutros países. Queda prohibida calquera alteración contraria ás disposicións da
lexislación correspondente.
AVISO DO INDUSTRY CANADA/FCC
É posible que o dispositivo provoque interferencias nos televisores ou aparatos de radio (por exemplo, se utiliza
un teléfono preto dun equipo receptor). É posible que a FCC ou Industry Canada esíxanlle que deixe de utilizar
o teléfono no caso de que non se poidan eliminar as mencionadas interferencias. Se necesita asistencia técnica,
póñase en contacto co centro de servizo técnico local. Este dispositivo cumpre coa sección 15 do regulamento
da FCC. O seu funcionamento está suxeito ás dúas condicións seguintes: (1) Este dispositivo non debe provocar
interferencias perigosas e (2) este dispositivo debe aceptar as interferencias recibidas, incluídas as que
provoquen un funcionamento non desexado. Calquera cambio ou modificación que non se aprobe de xeito
expreso por Nokia podería anular a autorización do usuario para utilizar este equipo.
Algunhas operacións e funcións dependen da tarxeta SIM e/ou da rede, das MMS ou da compatibilidade dos
dispositivos e dos formatos de contido admitidos. Algúns servizos están suxeitos a tarifas independentes.
É posible que o dispositivo dispoña de favoritos e ligazóns de sitios web de terceiras partes preinstalados.
Tamén é posible acceder a outros sitios web de terceiras partes mediante o dispositivo. Os sitios web de terceiras
partes non teñen ningún tipo de relación con Nokia, polo que Nokia non asumirá ningunha responsabilidade
correspondente a eles. Se decide acceder aos sitios mencionados, deberá tomar precaucións relacionadas coa
seguridade ou cos contidos.
/Edición 4.0 GL