Asistencia técnica
Se desexa máis información acerca do uso do seu produto, ou se non está seguro
do funcionamento do seu teléfono, consulte as páxinas de axuda en
www.nokia.com/support, o sitio web de Nokia para o seu país, www.nokia.mobi/
support (dende un teléfono móbil), a aplicación Axuda do dispositivo ou a guía do
usuario.
Se así non se resolve o seu problema, tente unha das seguintes opcións:
● Reinicie o teléfono: apague o teléfono e retire a batería. Pasado un minuto, volva
a colocar a batería e acenda o teléfono.
© 2010 Nokia. Todos os dereitos reservados.
10
● Restableza a configuración orixinal de fábrica do modo indicado na guía de
usuario. Eliminaranse os seus documentos e ficheiros no restablecemento, así
que faga primeiro unha copia de seguridade dos seus datos.
● Actualice o software do seu dispositivo con regularidade para obter un
rendemento óptimo e posibles funcións novas, como se explica na guía de
usuario.
Se continúa sen resolverse o problema, póñase en contacto con Nokia para obter
información acerca doutras opcións de reparación. Consulte www.nokia.com/
repair. Antes de enviar a amañar o teléfono, lembre facer unha copia de seguridade
dos datos do teléfono.