Aumento da duración da batería
Neste dispositivo existen moitas funcións que aumentan o consumo de enerxía e
reducen a duración da batería. Para aforrar enerxía da batería, teña en conta o
seguinte:
● O consumo de enerxía da batería aumenta coas funcións que utilizan a
conectividade Bluetooth, ou cando se permite que estas funcións se executen en
segundo plano mentres utiliza outras. Desactive a conectividade Bluetooth
cando non a necesite.
Axuda
© 2010 Nokia. Todos os dereitos reservados.
12
● Se seleccionou Conexión paquetes datos > Se está dispoñible nos axustes
de conexión e non existe cobertura de paquete de datos (GPRS), o dispositivo
tenta establecer periodicamente unha conexión de paquete de datos. Para
aumentar a duración do funcionamento do teléfono, seleccione Conexión
paquetes datos > Se cómpre.
● Se a potencia do sinal da rede móbil varía considerablemente na súa zona, o
dispositivo buscará a rede dispoñible repetidamente. Isto aumenta o consumo
da enerxía da batería.
● A luz de fondo da pantalla aumenta o consumo da enerxía da batería. Nos axustes
de pantalla, é posible axustar o brillo da pantalla e modificar o tempo de espera
tralo cal se apaga a luz de fondo. Seleccione Menú > Axustes e Teléfono >
Pantalla > Brillo ou Duración luz.
● Deixar que as aplicacións se executen en segundo plano aumenta o consumo de
enerxía da batería. Para acceder as aplicacións que non está usando, manteña
premida a tecla de menú e seleccione a aplicación.