Nokia 5228 - Códigos de acceso

background image

Códigos de acceso

Se esquece algún dos códigos de acceso, póñase en contacto co seu fornecedor de

servizos.

Axuda

© 2010 Nokia. Todos os dereitos reservados.

11

background image

● Código PIN (número de identificación persoal) — Este código protexe a súa

tarxeta SIM de usos non autorizados. O código PIN (de 4 a 8 díxitos) fornécese

normalmente xunto coa tarxeta SIM. Se insire o código PIN de xeito incorrecto

tres veces consecutivas, o código bloquearase e necesitará o código PUK para

desbloquealo.

● Código PIN2 — Este código (de 4 a 8 díxitos) fornécese xunto con algunhas

tarxetas SIM e requírese para acceder a algunhas funcións do dispositivo.

● Código de bloqueo (tamén chamado "código de seguridade") — O código de

bloqueo axúdalle a protexer o dispositivo contra o uso non autorizado. O código

predeterminado é 12345. Pode crear e cambiar o código e axustar o dispositivo

para solicitar o código. Garde o código novo nun lugar secreto e seguro lonxe do

dispositivo. Se esquece o código e o dispositivo se bloquea, requirirase asistencia

técnica. É posible que se apliquen tarifas adicionais e que se eliminen todos os

datos persoais do dispositivo. Para obter máis información, póñase en contacto

cun punto de atención Nokia Care ou co distribuidor do dispositivo.

● Código PUK (clave de desbloqueo persoal) e PUK2 — Estes códigos (8 díxitos)

requírense para modificar un código PIN ou PIN2 bloqueado, respectivamente.

Se os códigos non se fornecen coa tarxeta SIM, póñase en contacto co fornecedor

de servizos de rede ao que pertence a tarxeta SIM inserida no teléfono.

● Número IMEI (International Mobile Equipment Identity, Identidade Internacional

de Equipo Móbil) — Este número (de 15 ou 17 díxitos) emprégase para identificar

dispositivos válidos na rede GSM. Os dispositivos que, por exemplo, foran

roubados pódense bloquear para impedir que teñan acceso á rede. O número

IMEI do seu dispositivo atópase debaixo da batería.