Memoria libre
Para ver canto espazo hai dispoñible para os distintos tipos de datos, seleccione
Menú > Aplicacións > Oficina > Xestor fichs..
Moitas funcións do dispositivo usan memoria para almacenar datos. O dispositivo
avisa se as distintas memorias se están esgotando.
Para liberar memoria, transfira os datos a unha tarxeta de memoria compatible (se
está dispoñible) ou a un ordenador compatible.
Para eliminar datos que xa non necesita, use o Xestor de ficheiros ou abra a
aplicación correspondente. Pode eliminar o seguinte:
● Mensaxes dos cartafoles de Mensaxería e mensaxes de correo electrónico
recuperadas da caixa de correo
● Páxinas web gardadas
● Información de contacto
● Notas do calendario
Axuda
© 2010 Nokia. Todos os dereitos reservados.
13
● Aplicacións amosadas no Xestor de aplicacións que non necesita
● Ficheiros de instalación (.sis ou .sisx) de aplicacións que instalou. Transfira os
ficheiros de instalación a un ordenador compatible.
● Imaxes e videoclips da Galería. Garde unha copia de seguridade dos ficheiros nun
ordenador compatible.
2. Introdución
Inserción da tarxeta SIM
Importante: Para evitar danos na tarxeta SIM, retire sempre a batería antes
de inserir ou extraer a tarxeta.
Importante: Non empregue unha tarxeta SIM mini-UICC, tamén coñecida
como tarxeta micro-SIM, unha tarxeta micro-SIM cun adaptador ou unha tarxeta SIM
que dispoña dun interruptor mini-UICC (consulte a ilustración) neste dispositivo.
Unha tarxeta micro-SIM é máis pequena que a tarxeta SIM estándar. Este dispositivo
non admite o uso de tarxetas micro-SIM e o uso de tarxetas SIM incompatibles pode
danar a tarxeta ou o dispositivo e pode corromper os datos almacenados na tarxeta.
É posible que xa se atope inserida unha tarxeta SIM no teléfono. En caso
contrario, siga os pasos que se describen a continuación: