Axustes de chamada
Axustes de chamada
Seleccione Menú > Axustes. Seleccione Chamando > Chamada e unha das
seguintes opcións:
● Enviar a miña identidade — Seleccione Si para amosar o seu número de
teléfono á persoa á que está a chamar. Para empregar o axuste acordado co
fornecedor de servizos, seleccione Fixar pola rede (servizo de rede).
● Chamada en espera — Permite activar o teléfono para notificarlle as chamadas
entrantes mentres se atopa noutra chamada (servizo de rede) ou comprobar se
esta función está activada.
● Rexeitar chamada mens. — Permite activar o rexeitamento dunha chamada
e o envío dunha mensaxe de texto para informar á persoa que chama do motivo
polo que non puido responder á chamada.
● Texto da mensaxe — Permite escribir a mensaxe de texto estándar que se
enviará ao rexeitar unha chamada.
● Rechamada automática — Permite configurar o dispositivo para que realice
un máximo de 10 intentos para conectar a chamada despois dun intento de
chamada sen éxito. Para deter a rechamada automática, prema a tecla Fin.
● Amosar duración cham. — Permite amosar a duración dunha chamada
durante o transcurso desta.
● Resumo tras chamada — Permite amosar a duración dunha chamada unha
vez rematada.
● Marcación rápida — Permite activar a marcación rápida.
● Calquera tecla responde — Permite activar a resposta mediante calquera tecla.
Axustes
© 2010 Nokia. Todos os dereitos reservados.
131
● Liña en uso — Este axuste (servizo de rede) só se amosa se a tarxeta SIM admite
dous números de subscritor, é dicir, dúas liñas de teléfono. Seleccione que liña
de teléfono desexa utilizar para facer chamadas e enviar mensaxes de texto. As
chamadas de ámbalas dúas liñas poden responderse sen ter en conta a liña
seleccionada. Se selecciona Liña 2 e non se subscribiu a este servizo de rede, non
poderá realizar chamadas. Cando se selecciona a liña 2, amósase na pantalla
de inicio.
● Cambio de liña — Seleccione esta opción para impedir a selección de liñas
(servizo de rede), se a tarxeta SIM admite esta opción. Para cambiar este axuste,
necesita o código PIN2.