Nokia 5228 - Axustes de chamada

background image

Axustes de chamada

Axustes de chamada

Seleccione Menú > Axustes. Seleccione Chamando > Chamada e unha das

seguintes opcións:
Enviar a miña identidade — Seleccione Si para amosar o seu número de

teléfono á persoa á que está a chamar. Para empregar o axuste acordado co

fornecedor de servizos, seleccione Fixar pola rede (servizo de rede).

Chamada en espera — Permite activar o teléfono para notificarlle as chamadas

entrantes mentres se atopa noutra chamada (servizo de rede) ou comprobar se

esta función está activada.

Rexeitar chamada mens. — Permite activar o rexeitamento dunha chamada

e o envío dunha mensaxe de texto para informar á persoa que chama do motivo

polo que non puido responder á chamada.

Texto da mensaxe — Permite escribir a mensaxe de texto estándar que se

enviará ao rexeitar unha chamada.

Rechamada automática — Permite configurar o dispositivo para que realice

un máximo de 10 intentos para conectar a chamada despois dun intento de

chamada sen éxito. Para deter a rechamada automática, prema a tecla Fin.

Amosar duración cham. — Permite amosar a duración dunha chamada

durante o transcurso desta.

Resumo tras chamada — Permite amosar a duración dunha chamada unha

vez rematada.

Marcación rápida — Permite activar a marcación rápida.

Calquera tecla responde — Permite activar a resposta mediante calquera tecla.

Axustes

© 2010 Nokia. Todos os dereitos reservados.

131

background image

Liña en uso — Este axuste (servizo de rede) só se amosa se a tarxeta SIM admite

dous números de subscritor, é dicir, dúas liñas de teléfono. Seleccione que liña

de teléfono desexa utilizar para facer chamadas e enviar mensaxes de texto. As

chamadas de ámbalas dúas liñas poden responderse sen ter en conta a liña

seleccionada. Se selecciona Liña 2 e non se subscribiu a este servizo de rede, non

poderá realizar chamadas. Cando se selecciona a liña 2, amósase na pantalla

de inicio.

Cambio de liña — Seleccione esta opción para impedir a selección de liñas

(servizo de rede), se a tarxeta SIM admite esta opción. Para cambiar este axuste,

necesita o código PIN2.