Desvío de chamadas
Seleccione Menú > Axustes e Chamando > Desvíos.
O desvío de chamadas permítelle desviar as chamadas entrantes á súa caixa de
correo de voz ou a outro número de teléfono. Para obter máis información, póñase
en contacto co seu fornecedor de servizos.
1. Seleccione o tipo de chamadas a desviar e unha opción de desvío. Por exemplo,
para desviar todas as chamadas de voz, seleccione Chamadas de voz > Todas
as chamadas de voz.
2. Para activar o desvío de chamadas, seleccione Activar.
3. Para desviar as chamadas á súa caixa de correo de voz, seleccione Á caixa de
correo de voz.
4. Para desviar as chamadas a outro número de teléfono, seleccione A outro
número e introduza o número, ou ben seleccione Atopar para obter un número
gardado na lista de contactos.
Poden estar activas varias opcións de desvío ao mesmo tempo. Cando o teléfono
está axustado para desviar todas as chamadas,
amósase na pantalla de
inicio.
Axustes
© 2010 Nokia. Todos os dereitos reservados.
132