Restrición de chamadas
A restrición de chamadas (servizo de rede) permite restrinxir as chamadas que
realice ou reciba co dispositivo. Por exemplo, pode restrinxir todas as chamadas
internacionais saíntes ou entrantes cando se atopa no estranxeiro. Para cambiar os
axustes, necesita obter o contrasinal de restrición do seu fornecedor de servizos.
Seleccione Menú > Axustes e Chamando > Restricións.
Cando se atopan activadas as funcións de seguridade que restrinxen as chamadas
(coma a restrición de chamadas, os grupos de usuarios pechados e a marcaxe fixa),
pode que sexa posible efectuar chamadas ao número de emerxencia oficial
programado no dispositivo. O desvío e restrición de chamadas non poden estar
activos ao mesmo tempo.
Restrición de chamadas de voz
Seleccione a opción de restrición desexada e Activar, Desactivar ou Comprobar
estado. A restrición de chamadas afecta a todas as chamadas, incluídas as
chamadas de datos.
19. Solución de problemas
Para ver preguntas frecuentes sobre o seu dispositivo, consulte as páxinas de
asistencia técnica do produto na páxina www.nokia.com/support.
P: ¿Cal é o meu contrasinal para os códigos de bloqueo, PIN ou PUK?
R: O código de bloqueo predeterminado é 12345. Se esquece o código, póñase en
contacto co provedor do teléfono. Se esquece un código PIN ou PUK ou se non recibiu
dito código, póñase en contacto co seu fornecedor de servizos de rede. Se desexa
obter máis información sobre os contrasinais, póñase en contacto co fornecedor do
seu punto de acceso, por exemplo, un fornecedor de servizos da Internet comercial
(ISP) ou un fornecedor de servizos de rede.
P: ¿Como pecho unha aplicación que non está a responder?
R: Manteña premida a tecla Menú. Manteña seleccionada a icona da aplicación e
seleccione Saír.