Nokia 5228 - Teléfono e SIM

background image

Teléfono e SIM
Seleccione Menú > Axustes e Teléfono > Xestión teléfono > Seguridade >

Teléfono e tarxeta SIM.
Seleccione unha das opcións seguintes:
Petición de código PIN — Cando esta opción está activa, solicítase o código

cada vez que se acende o dispositivo. É posible que algunhas tarxetas SIM non

admitan a desactivación da solicitude do código PIN.

Código PIN eCódigo PIN2 — Permite cambiar o código PIN e PIN2. Estes códigos

só poden incluír números. Evite o uso de códigos de acceso similares aos números

de emerxencia para evitar unha marcación accidental do número de emerxencia.

Se esquece o código PIN ou o PIN2, póñase en contacto co seu fornecedor de

servizos. Se esquece o código de bloqueo, póñase en contacto cun punto de

atención Nokia Care ou co seu fornecedor de servizos.

Código de bloqueo — O código de bloqueo utilízase para desbloquear o

dispositivo. Para evitar o uso non autorizado do dispositivo, modifique o código

Axustes

© 2010 Nokia. Todos os dereitos reservados.

126

background image

de bloqueo. O código preestablecido é 12345. O código novo pode conter entre

4 e 255 caracteres de lonxitude. Poden utilizarse caracteres alfanuméricos en

maiúsculas e minúsculas. O dispositivo notifícalle se o código de bloqueo non

está formatado axeitadamente. Manteña o novo código nun lugar secreto e lonxe

do dispositivo.

Tempo bloq. autom. tlf. — Para evitar o uso non autorizado, é posible axustar

o tempo de espera que desexa que transcorra para que o dispositivo se bloquee

automaticamente. Os dispositivos bloqueados non se poden utilizar ata que se

introduce o código de bloqueo correcto. Para desactivar o bloqueo automático,

seleccione Ningún.

Bloq. se cambia tarx. SIM — Permite axustar o dispositivo para que solicite o

código de bloqueo cando se insire unha tarxeta SIM descoñecida no dispositivo.

O dispositivo mantén unha lista de tarxetas SIM que se recoñecen como tarxetas

do titular.

Bloqueo teléfono remoto — Permite activar ou desactivar o bloqueo remoto.

Grupo usuarios pechado — Permite especificar un grupo de persoas aos que

pode chamar e que poden chamarlle (servizo de rede).

Confirmar servizos SIM — Permite axustar o dispositivo para amosar mensaxes

de confirmación cando está a utilizar un servizo da tarxeta SIM (servizo de rede).

Xestión de certificados
Seleccione Menú > Axustes e Teléfono > Xestión teléfono > Seguridade >