Nokia 5228 - Contido protexido

background image

Contido protexido

Para xestionar as licenzas de dereitos dixitais, seleccione Menú > Axustes e

Teléfono > Xestión teléfono > Seguridade > Contido protexido.
Xestión dos dereitos dixitais
É posible que os propietarios de contidos utilicen diferentes tipos de tecnoloxías de

xestión de dereitos dixitais (DRM) para protexer a súa propiedade intelectual,

incluídos os dereitos de autor. Este dispositivo utiliza varios tipos de software DRM

para acceder a contido protexido mediante DRM. Con este dispositivo pode acceder

a contido protexido con WMDRM 10, OMA DRM 1.0 e OMA DRM 2.0. Se un determinado

software DRM non protexe o contido, é posible que os propietarios do contido

soliciten que se anule a capacidade do mencionado software de acceder a novos

contidos protexidos mediante DRM. Esta anulación pode tamén impedir a

renovación do contido protexido mediante DRM que xa se atope no dispositivo. Esta

anulación non afectará ó uso de contido protexido con outros tipos de DRM ou ó

uso de contido non protexido mediante DRM.
Os contidos protexidos mediante xestión dos dereitos dixitais (DRM) subminístranse

cunha clave de activación asociada que define os seus dereitos para utilizar o

contido.
Se o dispositivo dispón de contido protexido mediante WMDRM, as claves de

activación e o contido perderanse se formata a memoria do dispositivo. Tamén é

posible que perda as claves de activación e o contido se se danan os ficheiros do

dispositivo. A perda das claves de activación ou do contido pode limitar a súa

capacidade para utilizar o mesmo contido no seu dispositivo de novo. Para obter

máis información, póñase en contacto co seu fornecedor de servizos.
É posible que algunhas claves de activación estean ligadas a tarxetas SIM específicas,

e que só poida acceder ao contido protexido se a tarxeta SIM se atopa inserida no

dispositivo.