Nokia 5228 - Inicio de buscas

background image

Buscar

© 2010 Nokia. Todos os dereitos reservados.

111

background image

os resultados organízanse en categorías. Os resultados aos que se accedeu máis

recentemente aparecen na parte superior da lista de resultados, se coinciden cos

termos de busca.
Para buscar páxinas web na Internet, seleccione Procurar na Internet, un

fornecedor de buscas e insira os seus termos de busca no campo de busca. O

fornecedor de busca que seleccionou está axustado como o seu fornecedor de busca

da Internet predeterminado.
Se xa se atopa fixado un fornecedor de busca predeterminado, seleccióneo para

comezar unha busca ou seleccione Máis servizos busca para utilizar outro

fornecedor.
Para cambiar o fornecedor de servizos predeterminado, seleccione Opcións >

Seleccionar servizo.
Para cambiar os axustes do seu país ou rexión para buscar máis fornecedores de

busca, seleccione Opcións > Axustes > País ou rexión.

16. Acerca da Tenda de Ovi

En Ovi Store, é posible descargar xogos, aplicacións, vídeos, imaxes e tons de

chamada para móbiles no seu dispositivo. Algúns dos elementos son gratuítos;

outros cómpre mercalos coa tarxeta de crédito ou a través da factura telefónica. Ovi

Store ofrece contidos compatibles co seu dispositivo móbil e axeitados aos seus

gustos e localización.

17. Outras aplicacións

Reloxo

Fixar a hora e a data

Seleccione Menú > Aplicacións > Reloxo.
Seleccione Opcións > Axustes e escolla entre as seguintes opcións:
Hora — Permite fixar a hora.