Despois de gravar un videoclip
Despois de gravar un videoclip, seleccione algunha das seguintes opcións
(dispoñible unicamente se seleccionou Opcións > Axustes > Amosar vídeo
capturado > Si):
●
Reproducir — Permite reproducir o videoclip que vén de gravar.
●
Borrar — Permite eliminar o videoclip.
Para volver ao visor e gravar un novo videoclip, prema a tecla Capturar.
11. Galería
Para gardar e organizar as súas imaxes, videoclips, clips de son e ligazóns de
transmisión por secuencias, seleccione Menú > Galería.
Suxestión: Para acceder rapidamente á vista de imaxes e videoclips, toque
a tecla multimedia ( ) para abrir a barra multimedia e seleccione .
Visualización de organización de ficheiros
Seleccione Menú > Galería e unha das seguintes opcións:
●
Imaxes e vídeos — Permite ver imaxes no visor de imaxes e vídeos no Centro
de vídeo.
●
Cancións — Permite abrir o reprodutor de música.
●
Clips de son — Permite escoitar clips de son.
●
Outros medios — Permite ver presentacións.
Pode buscar, abrir e crear cartafoles, así como marcar, copiar, mover e engadirlles
elementos.
Os ficheiros que están gardados na tarxeta de memoria compatible (se está inserida)
indícanse mediante
.
Para abrir un ficheiro, seleccióneo da lista. Os videoclips e ficheiros coa
extensión .ram ábrense e reprodúcense no Centro de vídeo, e os clips de música e
de vídeo fano no reprodutor de música.