Nokia 5228 - Música Ovi

background image

Música Ovi

Mediante Música Ovi (servizo de rede), é posible procurar, examinar, mercar e

descargar música no seu dispositivo.
O servizo Música Ovi substituirá finalmente á Tenda de música.
Seleccione Menú > Música > Música Ovi.
Para descargar música, primeiro cómpre rexistrarse para o servizo.
A descarga de música pode implicar a aplicación de tarifas adicionais e a transmisión

de grandes cantidades de datos (servizo de rede). Para obter información verbo das

tarifas de transmisión de datos, póñase en contacto co seu fornecedor de servizos

de rede.
Para acceder a Música Ovi, cómpre dispoñer dun punto de acceso á Internet válido

no seu dispositivo. Pode que se lle solicite seleccionar o punto de acceso que desexa

empregar para conectarse con Música Ovi.
Selección do punto de acceso — Seleccione Punto de acceso predet..
A dispoñibilidade e aspecto dos axustes de Música Ovi poden variar. Do mesmo xeito,

é posible que os axustes estean predefinidos e que non poida modificalos. Cando

navegue por Música Ovi, é posible que poida modificar os axustes.
Modificar os axustes de Música Ovi — Seleccione Opcións > Axustes.
Música Ovi non está dispoñible en todos os países ou rexións.

Cartafol de música

© 2010 Nokia. Todos os dereitos reservados.

78