Nokia 5228 - Axustes de podcasting

background image

Axustes de podcasting

Para abrir Nokia Podcasting, seleccione Menú > Música > Podcasting.
Antes de utilizar Nokia Podcasting, defina os axustes da conexión e da descarga.
Consulte co seu fornecedor de servizos os termos e as tarifas do servizo de datos

antes de empregar diferentes métodos de conexión. Por exemplo, os plans de datos

de tarifa plana poden permitir a realización de grandes transferencias de datos

previo pago dunha tarifa mensual.

Axustes de conexión

Para editar os axustes de conexión, seleccione Opcións > Axustes > Conexión e

unha das seguintes opcións:
Punto de acceso predet. — Seleccione o punto de acceso para definir a súa

conexión á Internet.

URL do servizo de busca — Defina o URL do servizo de busca de podcast que

desexa utilizar nas buscas.

Axustes de descarga

Para editar os axustes de descarga, seleccione Opcións > Axustes > Descargar

e unha das seguintes opcións:
Gardar en — Defina a localización na que desexa gardar os podcasts.

Intervalo de actual. — Permite definir a frecuencia de actualización dos

podcasts.

Seguinte data de actual. — Permite definir a data da seguinte actualización

automática.

Hora seguint. de actual. — Permite definir a hora da seguinte actualización

automática.

Cartafol de música

© 2010 Nokia. Todos os dereitos reservados.

79

background image

As actualizacións automáticas só se realizan se se selecciona un punto de acceso

predeterminado específico e se se está executando Nokia Podcasting. Se Nokia

Podcasting non se está a executar, non se activarán as actualizacións

automáticas.

Límite de descarga (%) — Permite definir o porcentaxe da memoria que desexa

que se reserve para as descargas de podcasts.

Se supera o límite — Defina que acción desexa levar a cabo se as descargas

superan o límite de descarga.

Configurar a aplicación para recuperar podcasts automaticamente pode implicar a

transmisión de grandes cantidades de datos a través da rede do fornecedor de

servizos. Póñase en contacto co seu fornecedor de servizos para obter información

acerca das tarifas de transmisión de datos.
Para restablecer os axustes predeterminados, seleccione Opcións > Restaurar

predet. na vista de axustes.