Nokia 5228 - Descargas

background image

Descargas

Unha vez subscrito a un podcast, dende os directorios, a busca ou inserindo un

enderezo web, pode xestionar, descargar e reproducir episodios de Podcasts.
Para ver os podcasts aos que se subscribiu, seleccione Podcasting > Podcasts.
Para ver títulos de episodios individuais (un episodio é un ficheiro multimedia en

particular dun podcast), seleccione o título do podcast.
Para iniciar unha descarga, seleccione o título do episodio. Para descargar ou

continuar a descarga de episodios seleccionados ou marcados, seleccione

Opcións > Descargar. É posible descargar varios episodios ó mesmo tempo.
Para reproducir unha parte dun podcast durante a descarga ou despois da descarga

parcial, seleccione o podcast e Opcións > Vista previa.
No cartafol Podcasts pódense atopar podcasts completamente descargados, pero

non se amosarán ata que actualice a biblioteca.

Cartafol de música

© 2010 Nokia. Todos os dereitos reservados.

80