Escoitar a radio
Seleccione Menú > Música > Radio.
A radio FM utiliza unha antena distinta da antena sen fíos do dispositivo. Para que
a radio FM funcione correctamente, cómpre dispoñer dun ML portátil ou un
accesorio compatible conectado ao dispositivo.
Ao abrir a aplicación por primeira vez, pode seleccionar se desexa que se sintonicen
automaticamente as emisoras locais.
Para escoitar a emisora seguinte ou anterior, seleccione ou .
Para silenciar a radio, seleccione .
Seleccione Opcións e unha das seguintes opcións:
● Emisoras — Permite ver as emisoras de radio gardadas.
● Sintonizar emisoras — Permite buscar emisoras de radio.
● Gardar — Permite gardar a emisora de radio.
● Activar o altofalante ou Desactivar o altofalante — Permite activar e
desactivar o altofalante.
● Frecuencias alternativas — Permite seleccionar se desexa que a radio busque
automaticamente unha frecuencia RDS mellor para a emisora no caso de se
reducir o nivel da frecuencia.
● Reproducir en 2º plano — Permite volver á páxina de inicio mentres se
reproduce a radio en segundo plano.