Transferencia de música dende un ordenador
É posible utilizar os seguintes métodos para transferir música:
● Para instalar Nokia Ovi Player para xestionar e organizar os seus ficheiros de
música, descargue o software para PC en www.ovi.com, e siga as instrucións.
● Para ver o dispositivo nun ordenador como un dispositivo de memoria masiva
onde pode transferir ficheiros de datos, establecer a conexión mediante un cable
de datos USB compatible ou a conectividade Bluetooth. Se está a utilizar un cable
USB, seleccione Almacenaxe masiva como modo de conexión. Cómpre inserir
unha tarxeta de memoria compatible no dispositivo.
● Para sincronizar música con Windows Media Player, conecte un cable de datos
USB compatible e seleccione Transferencia multim. como modo de conexión.
Cómpre inserir unha tarxeta de memoria compatible no dispositivo.
Para cambiar o modo de conexión USB predeterminado, seleccione Menú >
Axustes e Conectividade > USB > Modo de conexión USB.