Axustes do Centro de vídeo
Na vista principal do Centro de vídeo, seleccione Opcións > Axustes e unha das
seguintes opcións:
● Selección do serviz. víd. — Seleccione os servizos de vídeo que desexa que
aparezan no Centro de vídeo. Tamén pode engadir, eliminar, editar e ver os
detalles dun servizo de vídeo. Non é posible editar servizos de vídeo
preinstalados.
● Axustes da conexión — Para definir o destino de rede empregado para a
conexión de rede, seleccione Conexión de rede. Para seleccionar manualmente
a conexión cada vez que o Centro de vídeo abre unha conexión de rede,
seleccione Preguntar sempre.
Para activar ou desactivar a conexión GPRS, seleccione Confirmar uso de
GPRS.
Centro de vídeo de Nokia
© 2010 Nokia. Todos os dereitos reservados.
93
Para activar ou desactivar a itinerancia, seleccione Permitir itinerancia.
● Control de idade — Permite establecer un límite de idade para os vídeos. O
contrasinal requirido é o mesmo que o código de bloqueo do dispositivo. O
código de bloqueo predeterminado é 12345. Nos servizos de vídeo baixo
petición, ocúltanse os vídeos que teñan un límite de idade igual ou superior ao
que estableza.
● Memoria preferida — Permite seleccionar se desexa que os vídeos descargados
se garden na memoria do dispositivo ou nunha tarxeta de memoria compatible.
● Miniaturas — Permite seleccionar se desexa que se descarguen e vexan imaxes
en miniatura nas fontes de vídeo.
13. Navegador web
Mediante o explorador web, é posible visualizar páxinas de formato HTML na
Internet tal e como foron deseñadas orixinalmente (servizo de rede). Tamén é
posible navegar por páxinas web deseñadas especificamente para dispositivos
móbiles e que empregan a linguaxe XHTML ou WML.
Para navegar pola web, cómpre dispoñer dun punto de acceso á Internet definido
no dispositivo.
Suxestión: Para abrir o explorador, seleccione a tecla multimedia ( ) para
abrir a barra multimedia e, a continuación, seleccione .
Navegación pola web
Seleccione Menú > Internet > Web.
Para navegar pola web, seleccione Ir ao enderezo web na barra de ferramentas
e introduza un enderezo web.
O navegador está en modo de pantalla completa de xeito predeterminado. Para saír
do modo de pantalla completa, toque dúas veces a icona de frecha da esquina
inferior dereita.
Algunhas páxinas web poden conter materiais, como gráficos e sons, que requiren
dispoñer dunha gran cantidade de memoria para poder ser visualizadas. Se se