Transferencia de vídeo desde o ordenador
Transfira os seus propios videoclips desde dispositivos compatibles mediante un
cable de datos USB compatible. Soamente amósanse os videoclips que teñen un
formato admitido polo dispositivo.
1. Para ver o teléfono nun ordenador como un dispositivo de memoria masiva ao
que pode transferir calquera ficheiro de datos, conécteo cun cable de datos USB.
2. Seleccione Almacenaxe masiva como modo de conexión. Cómpre inserir unha
tarxeta de memoria compatible no dispositivo.
3. Seleccione os videoclips que desexe copiar desde o ordenador.
4. Transfira os videoclips a E:\Os meu vídeos na tarxeta de memoria.
Os videoclips transferidos aparecerán na carpeta Os meus vídeos.