Nokia 5228 - Visualización e descarga de videoclips

background image

Centro de vídeo de Nokia

© 2010 Nokia. Todos os dereitos reservados.

90

background image

Ver un videoclip

Para buscar o contido de servizos de vídeo instalados, seleccione Fontes de

vídeo.
Pode que o contido dalgúns servizos de vídeo estea dividido en categorías. Para

navegar polos videoclips, seleccione unha categoría. Para buscar un videoclip no

servizo, seleccione Busca de vídeos. É posible que a busca non estea dispoñible en

todos os servizos.
Para ver información acerca do videoclip seleccionado, seleccione Opcións >

Detalles do vídeo.
Algúns clips de vídeo pódense transmitir por secuencias mediante unha conexión

polo aire, pero outros cómpre descargalos primeiro ao dispositivo. Para descargar

un videoclip, seleccione Opcións > Descargar. As descargas continuarán en

segundo plano se sae da aplicación. Os videoclips descargados gárdanse en Os meus

vídeos. Para transmitir por secuencias un videoclip ou para ver un descargado,

seleccione Opcións > Reproducir. Cando se estea reproducindo o videoclip, toque

na pantalla para empregar as teclas de control do reprodutor. Para axustar o

volume, utilice a tecla de volume.

Aviso: A exposición continua a niveis elevados de volume pode danar a súa

capacidade auditiva. Escoite música a un volume moderado e non suxeite o

dispositivo preto do seu oído co altofalante activado.

Programación de descargas

A configuración da aplicación para descargar videoclips automaticamente pode

implicar a transmisión de grandes cantidades de datos a través da rede do seu

fornecedor de servizos. Para obter máis información verbo das tarifas de

transmisión de datos, póñase en contacto co seu fornecedor de servizos. Para

programar unha descarga automática de videoclips nun servizo, seleccione unha

categoría e Opcións > Programar descargas. O Centro de vídeo descarga

automaticamente videoclips novos diariamente á hora que estableza.
Para cancelar descargas programadas dunha categoría, seleccione Descarga

manual como o método de descarga.

Centro de vídeo de Nokia

© 2010 Nokia. Todos os dereitos reservados.

91