Axustes de rede
Seleccione Menú > Axustes e Conectividade > Rede.
Seleccione unha das opcións seguintes:
● Selección de operador — Seleccione Automática para axustar o dispositivo
para buscar e seleccionar unha das redes dispoñibles ou Manual para seleccionar
manualmente a rede dunha lista. Se se perde a conexión á rede seleccionada
manualmente, o dispositivo emitirá un ton de erro e solicitaralle que seleccione
de novo unha rede. A rede seleccionada debe dispoñer dun acordo de itinerancia
coa súa rede propia.
● Amosar info celular — Permite axustar o dispositivo para que indique cando
desexa que se utilice nunha rede móbil baseada nunha tecnoloxía de rede
micromóbil (MCN) e para activar a recepción da información móbil.