Acerca da conectividade Bluetooth
Grazas á conectividade Bluetooth pode establecer unha conexión sen fíos a outros
dispositivos compatibles, como dispositivos móbiles, ordenadores, auriculares ou
kits de vehículos.
Pode utilizar a conexión para enviar imaxes, videoclips, clips de son e notas,
transferir ficheiros desde o seu ordenador compatible e imprimir imaxes cunha
impresora compatible.
Debido a que os dispositivos con tecnoloxía sen fíos Bluetooth se comunican
mediante ondas de radio, non se teñen que atopar nunha liña visual directa. Non
obstante, cómpre que se atopen como máximo a 10 metros o un do outro, aínda
Conectividade
© 2010 Nokia. Todos os dereitos reservados.
104
que a conexión pode sufrir interferencias debido a obstáculos como paredes ou a
outros dispositivos electrónicos.
O dispositivo é compatible coa especificación Bluetooth 2.0 + EDR que admite os
seguintes perfís: distribución de son avanzada, control remoto audio/vídeo,
tratamento básico de imaxes, identificación de dispositivos, conexión á rede por
liña conmutada, transferencia de ficheiros, acceso xenérico, distribución de son e
vídeo xenérica, mans libres, auriculares, envío de obxectos, acceso ao caderno de
teléfonos, acceso á SIM e transmisión de audio estéreo . Para asegurar a
interoperabilidade con outros dispositivos que dispoñan de tecnoloxía Bluetooth,
utilice accesorios Nokia homologados para este modelo. Póñase en contacto cos
fabricantes dos outros dispositivos para obter información sobre a compatibilidade
con este dispositivo.
As funcións que utilizan a tecnoloxía Bluetooth aumentan o consumo de enerxía e
reducen a duración da batería.
Cando o dispositivo se atopa bloqueado, só se poden establecer conexións con
dispositivos autorizados.