
Consellos de seguridade
Seleccione Menú > Axustes e Conectividade > Bluetooth.
Cando non utilice a conectividade Bluetooth, seleccione Bluetooth >
Desactivado ou Visibilid. do meu teléfono > Oculto para controlar os
dispositivos que desexa que poidan atopar o seu dispositivo e conectarse a el. A
desactivación da conectividade Bluetooth non afecta o resto de funcións do
teléfono.
Non vincule o teléfono nin acepte solicitudes de conexión de dispositivos
descoñecidos. Deste xeito protexerá o teléfono de contido perigoso. Utilizar o
dispositivo en modo oculto é un modo máis seguro de evitar o software daniño.