Nokia 5228 - Envío de datos mediante Bluetooth

background image

Envío de datos mediante Bluetooth

Pódense activar varias conexións Bluetooth ao mesmo tempo. Por exemplo, se está

conectado a uns auriculares compatibles, pode transferir ficheiros a outro

dispositivo compatible ao mesmo tempo.
1. Abra a aplicación na que se atope almacenado o elemento que desexa enviar.
2. Toque nun elemento e seleccione Opcións > Enviar > Por Bluetooth.

Amosaranse os dispositivos con tecnoloxía sen fíos Bluetooth que se atopen

dentro do seu alcance. As iconas dos dispositivos son as seguintes:

ordenador

teléfono

dispositivo de vídeo ou de son

outros dispositivos

Para interromper a busca, seleccione Deter.

3. Seleccione o dispositivo co que desexa conectar.

Conectividade

© 2010 Nokia. Todos os dereitos reservados.

106

background image

4. Se o outro dispositivo realiza unha petición de vinculación para poder transferir

os datos, escóitase un son e solicítase inserir un código. Cómpre introducir o

mesmo código nos dous dispositivos.
Cando se establece a conexión, amósase a mensaxe Enviando datos.

Suxestión: Cando se realiza a busca dos dispositivos, é posible que algúns

só amosen o enderezo único (enderezo do dispositivo). Para atopar o

enderezo único do teléfono, insira *#2820#.