Vinculación de dispositivos
Seleccione Menú > Axustes e Conectividade > Bluetooth.
Para vincular dispositivos compatibles e ver os dispositivos vinculados, abra a ficha
Disposit. vinculados.
Antes da vinculación, cree o seu propio código (de 1 a 16 díxitos) e acorde co
propietario do outro dispositivo utilizar o mesmo código. Os dispositivos que non
presentan unha interface de usuario posúen un código axustado de fábrica. O
código utilízase só unha vez.
1. Para vincular un dispositivo, seleccione Opcións > Novo disposit.
vinculado. Amosaranse os dispositivos que se atopan dentro do seu alcance.
2. Seleccione o dispositivo e insira o código. Cómpre inserir o mesmo código tamén
no outro dispositivo.
3. Algúns accesorios de son conéctanse automaticamente co teléfono despois da
vinculación. De non ser así, para conectar calquera accesorio, seleccione
Opcións > Conec. con dispos. audio.
Os dispositivos vinculados indícanse mediante o símbolo na busca de
dispositivos.
Para axustar un dispositivo como autorizado ou non autorizado, seleccione unha
das opcións seguintes:
● Fixar como autorizado — As conexións entre o teléfono e o dispositivo
autorizado pódense realizar sen o seu coñecemento. Non se lle solicitará a súa
autorización nin aceptación. Utilice este estado só para os seus propios
Conectividade
© 2010 Nokia. Todos os dereitos reservados.
107
dispositivos, como os auriculares compatibles, ordenadores ou dispositivos que
pertenzan a unha persoa de confianza. indica os dispositivos que se atopan
autorizados na vista de dispositivos vinculados.
● Fixar non autorizado — Con esta opción, cómpre que as solicitudes de conexión
deste dispositivo se acepten por separado de cada vez.
Para cancelar a vinculación cun dispositivo, seleccione Opcións > Borrar.
Para cancelar todas as vinculacións, seleccione Opcións > Borrar todos.