Conexións de datos e puntos de acceso
O seu dispositivo admite conexións de paquetes de datos (servizo de rede), como
GPRS, na rede GSM.
Para establecer unha conexión de datos, requírese un punto de acceso. É posible
definir diferentes clases de puntos de acceso, como os seguintes:
● Punto de acceso de MMS para enviar e recibir mensaxes multimedia
● Punto de acceso á Internet (IAP) para enviar e recibir correos electrónicos e
conectarse á Internet
Comprobe o tipo de punto de acceso que necesita co seu fornecedor de servizos
para o servizo ó que desexa acceder. Para consultar a dispoñibilidade e a subscrición
ós servizos de conexión de datos do paquete, póñase en contacto co seu fornecedor
de servizos.