Creación de grupos de puntos de acceso
Seleccione Menú > Axustes e Conectividade > Destinos.
Algunhas aplicacións permítenlle utilizar grupos de puntos de acceso para as
conexións de rede.
Conectividade
© 2010 Nokia. Todos os dereitos reservados.
101
Para evitar seleccionar un punto de acceso único cada vez que o dispositivo fai unha
conexión de rede, pode crear un grupo que conteña varios puntos de acceso para
conectar á rede e definir a orde na que se usan os puntos de acceso.
Para crear un grupo de puntos de acceso novo, seleccione Opcións >
Administrar > Novo destino.
Para engadir puntos de acceso a un grupo de puntos de acceso, seleccione o grupo
e Opcións > Novo punto de acceso. Para copiar un punto de acceso existente
doutro grupo, seleccione o grupo, toque no punto de acceso correspondente se non
se atopa resaltado aínda e seleccione Opcións > Organizar > Copiar noutro
destino.
Para cambiar a prioridade dun punto de acceso dun grupo, seleccione Opcións >
Organizar > Cambiar prioridade.