Creación dun punto de acceso novo
Seleccione Menú > Axustes e Conectividade > Destinos.
Conectividade
© 2010 Nokia. Todos os dereitos reservados.
100
É posible recibir os axustes do punto de acceso nunha mensaxe dun fornecedor de
servizos. Algúns ou todos os puntos de acceso poden preestablecerse para o
dispositivo polo seu fornecedor de servizos e pode que non sexa posible cambialos,
crealos, editalos ou eliminalos.
Cando abre un dos grupos de puntos de acceso ( , , , ), pode ver os tipos
de puntos de acceso:
indica un punto de acceso protexido
indica un punto de acceso de paquete de datos
Para crear un punto de acceso novo, seleccione Punto de acceso. O dispositivo
solicita a comprobación das conexións dispoñibles. Despois da busca, as conexións
que xa están dispoñibles amósanse e poden ser compartidas por un punto de acceso
novo. Se ignora este paso, solicitaráselle que seleccione un método de conexión e
que defina os axustes necesarios.
Para editar os axustes dun punto de acceso, abra un dos grupos de puntos de acceso
e seleccione un punto de acceso. Siga as instrucións do seu fornecedor de servizos.
● Nome da conexión — Permite inserir un nome para a conexión.
● Portador de datos — Permite seleccionar o tipo de conexión de datos.
Dependendo da conexión de datos que seleccione, só estarán dispoñibles
determinados campos de axustes. Encha todos os campos marcados con Cómpre
definir ou cun símbolo * vermello. É posible deixar en branco outros campos,
excepto se o fornecedor de servizos indica o contrario.
Para utilizar unha conexión de datos, cómpre que o fornecedor de servizos admita
esta función e, se é necesario, a active para a súa tarxeta SIM.