Nokia 5228 - Creación dun punto de acceso novo

background image

Creación dun punto de acceso novo

Seleccione Menú > Axustes e Conectividade > Destinos.

Conectividade

© 2010 Nokia. Todos os dereitos reservados.

100

background image

É posible recibir os axustes do punto de acceso nunha mensaxe dun fornecedor de

servizos. Algúns ou todos os puntos de acceso poden preestablecerse para o

dispositivo polo seu fornecedor de servizos e pode que non sexa posible cambialos,

crealos, editalos ou eliminalos.
Cando abre un dos grupos de puntos de acceso ( , , , ), pode ver os tipos

de puntos de acceso:

indica un punto de acceso protexido

indica un punto de acceso de paquete de datos

Para crear un punto de acceso novo, seleccione Punto de acceso. O dispositivo

solicita a comprobación das conexións dispoñibles. Despois da busca, as conexións

que xa están dispoñibles amósanse e poden ser compartidas por un punto de acceso

novo. Se ignora este paso, solicitaráselle que seleccione un método de conexión e

que defina os axustes necesarios.
Para editar os axustes dun punto de acceso, abra un dos grupos de puntos de acceso

e seleccione un punto de acceso. Siga as instrucións do seu fornecedor de servizos.
Nome da conexión — Permite inserir un nome para a conexión.

Portador de datos — Permite seleccionar o tipo de conexión de datos.
Dependendo da conexión de datos que seleccione, só estarán dispoñibles

determinados campos de axustes. Encha todos os campos marcados con Cómpre

definir ou cun símbolo * vermello. É posible deixar en branco outros campos,

excepto se o fornecedor de servizos indica o contrario.
Para utilizar unha conexión de datos, cómpre que o fornecedor de servizos admita

esta función e, se é necesario, a active para a súa tarxeta SIM.