Nokia 5228 - Sincronización

background image

Sincronización

Seleccione Menú > Axustes e Conectividade > Transfer. datos >

Sincronización.
A aplicación Sincronización permite sincronizar as súas notas, entradas da axenda,

mensaxes de texto e multimedia, os favoritos do explorador ou os contactos con

varias aplicacións compatibles dun ordenador compatible ou da Internet.
É posible recibir os axustes de sincronización nunha mensaxe especial do

fornecedor de servizos.
Un perfil de sincronización contén os axustes necesarios para levar a cabo a

sincronización.
Ao abrir a aplicación, amósase o perfil de sincronización predeterminado ou o

utilizado anteriormente. Para modificar o perfil, toque no elemento de

sincronización para incluílo no perfil ou omitilo.
Para administrar perfís de sincronización, seleccione Opcións e a opción desexada.
Para sincronizar datos, seleccione Opcións > Sincronizar. Para cancelar a

sincronización antes de que remate, seleccione Cancelar.