Nokia 5228 - Marcación fixa

background image

Marcación fixa

Seleccione Menú > Axenda e Opcións > Números da SIM > Contactos marc.

fixa.
Co servizo de marcación fixa pode restrinxir as chamadas desde o dispositivo a

certos números de teléfono. Non todas as tarxetas SIM admiten o servizo de

marcación fixa. Para obter máis información, contacte co fornecedor de servizos.
Cando se atopan activadas as funcións de seguridade que restrinxen as chamadas

(coma a restrición de chamadas, os grupos de usuarios pechados e a marcaxe fixa),

pode que sexa posible efectuar chamadas ao número de emerxencia oficial

programado no dispositivo. O desvío e restrición de chamadas non poden estar

activos ao mesmo tempo.

Contactos

© 2010 Nokia. Todos os dereitos reservados.

51

background image

Necesita o código PIN2 para activar e desactivar a marcación fixa ou editar os

contactos deste tipo de marcación. Póñase en contacto co fornecedor de servizos

para obter o código PIN2.
Seleccione Opcións e entre as seguintes:
Activar marcación fixa — Activar a marcación fixa.

Desactivar marción fixa — Desactivar a marcación fixa.

Novo contacto da SIM — Introducir o nome do contacto e o número de teléfono

ao que se permite realizar chamadas.

Engadir dos Contactos — Copiar un contacto da lista de contactos na lista de

marcación fixa.

Para enviar mensaxes de texto aos contactos SIM mentres o servizo de marcación

fixa está activado, é necesario engadir o número do centro de mensaxes de texto á

lista de marcación fixa.

7. Mensaxería

Vista principal da mensaxería

Seleccione Menú > Mensaxería (servizo de rede).
Para crear unha mensaxe nova, seleccione Nova mensaxe.

Suxestión: Para evitar ter que volver escribir mensaxes que envía con

frecuencia, utilice os textos do cartafol Modelos en As miñas carp. Tamén pode

crear e gardar os seus propios modelos.

A mensaxería contén os seguintes cartafoles:

Caixa de entrada — As mensaxes recibidas, excepto as mensaxes de correo

electrónico e de información de cela, almacénanse aquí.

As miñas carp. — Organice as súas mensaxes en cartafoles.

Caixa de correo — Conéctese coa súa caixa de correo remota para recuperar

mensaxes de correo electrónico novas ou ver mensaxes de correo electrónico

recuperadas previamente fóra de liña.