Contactos
© 2010 Nokia. Todos os dereitos reservados.
48
Para eliminar varios contactos ao mesmo tempo, seleccione Opcións > Marcar/
Desmarcar para marcar os contactos que desexe e, para eliminalos, seleccione
Opcións > Borrar.
Para escoitar a etiqueta de voz asignada ao contacto, seleccione o contacto e
Opcións > Detall. da marcac. voz > Opcións > Reprod. Marcac. por voz.
Antes de utilizar etiquetas de voz, teña en conta o seguinte.
● As etiquetas de voz non dependen do idioma, senón da voz do falante.
● Cómpre que pronuncie o nome exactamente igual que cando efectuou a
gravación.
● As etiquetas de voz son sensibles ao ruído de fondo. Grave etiquetas de voz e
emprégueas nun entorno silencioso.
● Os nomes moi curtos non se aceptan. Utilice nomes longos e evite utilizar nomes
similares para números diferentes.
Nota: A utilización de etiquetas de voz pode resultar difícil en contornos con
ruído ou durante unha emerxencia, polo tanto, non debe confiar unicamente na
marcaxe por voz en todas as circunstancias.