Nokia 5228 - Axustes de entrada táctil

background image

Axustes de entrada táctil

Seleccione Menú > Axustes e Teléfono > Entrada toque.
Para modificar os axustes de inserción de texto da pantalla táctil, seleccione unha

das opcións seguintes:
Práctica escritura manual — Permite abrir a aplicación de práctica de escritura

manual. Faga que o dispositivo aprenda a recoñecer mellor a súa escritura

manual. Esta opción non se atopa dispoñible en todos os idiomas.

Idioma de escritura — Permite definir os caracteres específicos do idioma que

se recoñecen na súa escritura manual e a disposición do teclado virtual.

Velocidade de escritura — Permite seleccionar a velocidade de escritura.

Liña de guía — Permite amosar ou ocultar a liña de guía na zona de escritura.

Esta liña de guía axudarao a escribir en liña recta e fará que sexa máis doado

para o dispositivo recoñecer a súa escritura manual.

Ancho do rastro do lapis — Permite seleccionar o grosor do texto escrito co

estilete.

Cor de escritura — Permite seleccionar a cor do texto escrito co estilete.

Busca adaptable — Activar unha busca adaptiva.

Escribir texto

© 2010 Nokia. Todos os dereitos reservados.

47

background image

Calibración pantalla táctil — Permite calibrar a pantalla táctil.

6. Contactos

Pode gardar e actualizar a información de contacto, como números de teléfono,

enderezos postais ou enderezos de correo electrónico dos seus contactos. Pode

engadir un ton de chamada persoal ou unha miniatura a un contacto. Ademais,

tamén pode crear grupos de contacto, o que lle permite enviar mensaxes de texto

ou correos electrónicos a varios destinatarios á vez.
Para abrir a lista de contactos, na pantalla de inicio, en función do tema da pantalla

de inicio, seleccione Axenda ou .

Gardar e editar nomes e números

1. Para engadir un contacto novo á lista de contactos, puntee .
2. Toque nun campo para introducir a información. Para pechar a introdución de

texto, seleccione . Encha os campos que desexe e seleccione Feito.

Para editar un contacto, seleccióneo seguido de Opcións > Editar.

Barra de ferramentas de contactos

Na barra de ferramentas da lista de contactos, seleccione unha das seguintes

opcións:

Chamar — Permite chamar ao contacto desexado.

Crear mensaxe — Permite enviar unha mensaxe ao contacto desexado.

Novo contacto — Permite crear un novo contacto.

Xestión de nomes e números

Para copiar ou eliminar un contacto, ou para envialo como unha tarxeta de visita a

outro dispositivo, manteña seleccionado un contacto e seleccione Copiar, Borrar

ou Enviar tarxeta visita.