Nokia 5228 - Entrada de texto preditivo

background image

Entrada de texto preditivo

Coa entrada preditiva, pode inserir calquera letra cunha soa tecla de selección. A

entrada de texto preditivo baséase nun dicionario incorporado ao que se poden

engadir palabras novas. A entrada de texto preditivo non está dispoñible en todos

os idiomas.
1. Para activar a entrada de texto preditivo para tódolos editores do dispositivo,

seleccione

>

Activar predición. Tamén pode seleccionar > Activar

texto preditivo.

2. Para escribir a palabra desexada, use as teclas 2-9. Seleccione só unha vez cada

tecla para inserir cada letra. Por exemplo, para escribir "Nokia" cando se atopa

seleccionado o dicionario en galego, toque 6 para inserir o "N", 6 para o "o", 5

para o "k", 4 para o "i" e 2 para o "a".
A suxestión da palabra cambia despois de cada selección de tecla.

3. Cando acabe de escribir a palabra correctamente, mova o cursor á dereita para

confirmala ou seleccione 0 para engadir un espazo.

Escribir texto

© 2010 Nokia. Todos os dereitos reservados.

46

background image

Se a palabra non é correcta, prema * varias veces para ver as palabras

correspondentes que o dicionario atopou unha por unha.
Se o carácter ? se amosa despois da palabra, significa que a palabra non está no

dicionario. Para engadir unha palabra ao dicionario, seleccione Soletrear, insira

a palabra mediante a entrada de texto tradicional e seleccione Aceptar. A

palabra engadirase ao dicionario. Cando o dicionario está cheo, as palabras

novas substitúen ás palabras máis antigas.

4. Comece a escribir a seguinte palabra.