Nokia 5228 - Visualización de imaxes e vídeos

background image

Visualización de imaxes e vídeos

Seleccione Menú > Galería e Imaxes e vídeos.
As imaxes, os videoclips e os cartafoles están ordenados por data e hora. Para

navegar polos ficheiros, esvare co dedo cara a arriba ou cara a abaixo.
Para abrir un ficheiro, seleccióneo da lista. Cando estea a ver unha imaxe, para ver

a seguinte ou a anterior, deslícea cara á esquerda ou á dereita respectivamente.

Para ampliar unha imaxe, empregue a tecla de volume do dispositivo.
Seleccione Opcións e unha das seguintes opcións:
Editar — Permite editar un videoclip ou unha imaxe.

Usar ficheiro — Para utilizar a imaxe como fondo na pantalla de inicio,

seleccione Fixar como fondo.
Para establecer a imaxe como imaxe de chamada xenérica, seleccione Fixar

como ima. cham..
Para axustala como imaxe de chamada para un contacto, seleccione Asignar ao

contacto.
Para fixar o videoclip como un ton de chamada, seleccione Como ton

chamada.
Para asignar o videoclip como un ton de chamada para un contacto, seleccione

Asignar ao contacto.

A barra de ferramentas permítelle seleccionar funcións de uso cotián de imaxes,

videoclips e cartafoles.
Na barra de ferramentas, seleccione unha das seguintes opcións:

Enviar — Permite enviar a imaxe ou videoclip seleccionados.

Editar — Permite editar a imaxe ou videoclip seleccionados.

Borrar — Permite eliminar a imaxe ou videoclip seleccionados.

Galería

© 2010 Nokia. Todos os dereitos reservados.

89