Nokia 5228 - Información sobre a batería e o cargador

background image

Información sobre a batería e o cargador

O dispositivo funciona cunha batería recargable. A batería deseñada para utilizarse

co dispositivo é a BL-5J. Nokia pode fabricar modelos de batería adicionais para este

dispositivo. O dispositivo está deseñado para utilizarse cos seguintes cargadores:

AC-8E. O número exacto do modelo do cargador pode variar dependendo do tipo de

enchufe. O tipo de enchufe pode ser un dos seguintes: E, EB, X, AR, U, A, C, K, ou UB.
A batería pode cargarse e descargarse centos de veces, pero finalmente, desgástase.

Cando a duración da batería no modo de espera e durante as conversas telefónicas

se reduza considerablemente, substitúaa. Utilice unicamente baterías autorizadas

Información do produto e de seguridade

© 2010 Nokia. Todos os dereitos reservados.

137

background image

por Nokia e recárgueas unicamente con cargadores autorizados por Nokia

deseñados para utilizarse con este dispositivo.
Se utiliza unha batería por primeira vez ou se esta non se utiliza dende hai moito

tempo, é posible que sexa necesario conectar o cargador, desconectalo e volvelo

conectar para comezar a cargar a batería. Se a batería está completamente

descargada, é posible que teña que esperar varios minutos para poder efectuar

chamadas e para poder visualizar o indicador de carga na pantalla.
Extracción segura. Apague sempre o dispositivo e desconecte o cargador antes de

extraer a batería.
Carga axeitada. Desconecte o cargador da toma de corrente e do dispositivo cando

non o utilice. Non deixe unha batería completamente cargada conectada a un

cargador, xa que o exceso de carga pode reducir a súa vida útil. Se non se utilizan,

as baterías cargadas perden a súa carga co paso do tempo.
Evite someter o dispositivo a temperaturas extremas. Intente manter sempre a

batería a unha temperatura comprendida entre os 15ºC e os 25ºC. A exposición da

batería a temperaturas extremas reduce a capacidade e a vida útil da mesma. É

posible que o dispositivo non funcione temporalmente se a batería está fría ou

quente. O rendemento da batería é especialmente limitado a temperaturas situadas

por debaixo de 0ºC.
Non provoque curtocircuítos. É posible que se produzan curtocircuítos accidentais

se un obxecto metálico, coma unha moeda, un clip ou un bolígrafo provoca un

contacto directo dos terminais positivo (+) e negativo (-) da batería. (Os terminais

teñen o aspecto de tiras metálicas na batería). Isto pode ocorrer, por exemplo,

cando transporta unha batería de reposto no peto ou no bolso. Os curtocircuítos

nos terminais poden danar a batería ou o obxecto que realiza o contacto.
Como desfacerse da unidade. Non bote as baterías ao lume, xa que poderían

explotar. Respecte as normativas locais no momento de desfacerse das baterías.

Recicle as baterías cando sexa posible. Non as deposite en lugares destinados aos

residuos domésticos.
Fugas. Non desmonte, corte, abra, esmague, dobre, perfore nin triture as pilas nin

as baterías. No caso de que se produza unha fuga na batería, evite que o líquido da

Información do produto e de seguridade

© 2010 Nokia. Todos os dereitos reservados.

138

background image

batería entre en contacto coa pel ou os ollos. Se isto sucede, lave as zonas afectadas

inmediatamente con auga ou acuda a un médico.
Danos. Non modifique, reconstrúa nin intente inserir obxectos estraños na batería,

nin a expoña ou somerxa en auga ou outros líquidos. As baterías poden explotar se

están danadas.
Uso correcto. Utilice a batería unicamente para o uso para o que foi deseñada. O

uso non axeitado da batería pode provocar un incendio, unha explosión e outros

perigos. Se deixa caer o dispositivo ou a batería, especialmente sobre unha

superficie dura, e cree que a batería puido quedar danada, envíea a un centro de

servizo técnico para revisala antes de continuar utilizándoa. Nunca utilice

cargadores nin baterías danadas. Manteña a batería fóra do alcance dos nenos.