Holograma de autenticación
1. Cando mire ao holograma situado na etiqueta, deberá ver
o símbolo no que se unen as mans de Nokia dende un ángulo
e o logotipo de accesorios orixinais de Nokia se o mira dende
o outro ángulo.
Información do produto e de seguridade
© 2010 Nokia. Todos os dereitos reservados.
139
2. Se inclina o holograma cara á esquerda, dereita, abaixo e
arriba, debería ver 1, 2, 3 e 4 puntos en cada lado
respectivamente.
A correcta realización dos pasos indicados non garante
totalmente a autenticidade da batería. Se non pode confirmar
a autenticidade ou se ten razóns para pensar que a batería
Nokia co símbolo na etiqueta non é unha batería Nokia
auténtica, non a utilice e envíea a un distribuidor ou ao centro
de servizo técnico máis próximo de Nokia para recibir
asistencia.
Para obter máis información verbo das baterías orixinais de Nokia, visite a páxina
web www.nokia.com/battery.