Nokia 5228 - Dispositivos médicos implantados

background image

Dispositivos médicos implantados
Os fabricantes de dispositivos médicos recomendan manter unha separación

mínima de 15,3 centímetros (6 polgadas) entre un dispositivo sen fíos e os

dispositivos médicos implantados, como os marcapasos ou os desfibriladores

cardioversores implantados, para evitar posibles interferencias co dispositivo

médico. As persoas que dispoñan dos mencionados dispositivos deberán:
● Manteña sempre o dispositivo sen fíos a máis de 15,3 centímetros (6 polgadas)

do dispositivo médico.

● Non transportar o dispositivo sen fíos no peto da camisa.
● Sosteña o dispositivo sen fíos na orella oposta do dispositivo médico.
● Apague o dispositivo sen fíos se sospeita que se están a producir interferencias.
● Respecte as instrucións do fabricante correspondentes ao dispositivo médico

implantado.

Se dispón dalgunha pregunta acerca da utilización do dispositivo sen fíos cun

dispositivo médico implantado, póñase en contacto co seu médico.