Nokia 5228 - Entorno operativo

background image

Entorno operativo

Este dispositivo cumpre coas directrices de exposición a radiofrecuencia cando se

emprega na posición normal de uso no oído ou cando se coloca polo menos a unha

distancia de 1,5 centímetros (5/8 polgadas) do corpo. Se se utiliza unha funda de

transporte, unha pinza para o cinto ou un soporte para utilizar o produto pegado

ao corpo, estes non deberán conter ningunha peza de metal e deberá colocar o

dispositivo á distancia indicada anteriormente.
Para enviar ficheiros de datos ou mensaxes, cómpre dispoñer dunha conexión de

calidade á rede. É posible que o envío de ficheiros de datos ou mensaxes se retrase

ata que se atope dispoñible a mencionada conexión. Respecte as instrucións sobre

a distancia de separación ata completar a transmisión.
Existen partes do dispositivo que son magnéticas. É posible que os materiais

metálicos sexan atraídos polo dispositivo. Non coloque tarxetas de crédito nin

outros soportes de almacenaxe magnéticos preto do dispositivo, xa que é posible

que se elimine a información almacenada neles.
Durante o funcionamento continuado como unha conexión de datos de alta

velocidade activa, é posible que o dispositivo aumente de temperatura. Na maioría

de casos, trátase de algo normal. Se sospeita que o dispositivo non funciona

correctamente, envíeo ó centro de servizo técnico autorizado máis próximo.