Nokia 5228 - Información de certificación (SAR)

background image

Información de certificación (SAR)

Este dispositivo móbil cumpre coas directrices de exposición ás ondas de

radio.
O dispositivo móbil é un transmisor e receptor de radio. Está deseñado para non

superar os límites de exposición ás ondas de radiofrecuencia recomendadas polas

directrices internacionais. O organismo científico independente ICNIRP desenvolveu

estas directrices, que inclúen marxes de seguridade deseñadas para garantir a

protección de todas as persoas, independentemente da idade e da saúde.
As directrices de exposición para os dispositivos móbiles empregan unha unidade

de medición coñecida como o Índice de Absorción Específico ou SAR. O límite de SAR

exposto nas directrices de ICNIRP é de 2,0 watts/quilogramo calculado en

aproximadamente 10 gramos de tecido. As probas para SAR lévanse a cabo

utilizando posicións de funcionamento estándar co dispositivo transmitindo no seu

nivel de enerxía máis alto en todas as bandas de frecuencia probadas. O nivel de

SAR real dun dispositivo en funcionamento pode estar por debaixo do valor máximo

debido a que o dispositivo está deseñado para empregar só a enerxía xusta para

conectarse coa rede. A cantidade cambia dependendo dun gran número de factores,

como a que distancia se atopa dunha estación base de rede.
O valor de SAR máis alto admitido segundo as directrices de ICNIRP para utilizar o

dispositivo pegado á orella é de 1,10 Watt/kg .
O uso de accesorios do dispositivo pode provocar a aparición de diferentes valores

de SAR. Os valores de SAR poden variar dependendo das necesidades de información

e probas nacionais e da banda de rede. Se desexa obter información de SAR

adicional, consulte a sección de información do produto da páxina web

www.nokia.com.

Información do produto e de seguridade

© 2010 Nokia. Todos os dereitos reservados.

146