Nokia 5228 - Vehículos

background image

Vehículos

Os sinais de radiofrecuencia poden afectar aos sistemas electrónicos

incorrectamente instalados ou protexidos dos vehículos, por exemplo, os sistemas

de inxección de combustible, os sistemas de ABS, os sistemas de control de

Información do produto e de seguridade

© 2010 Nokia. Todos os dereitos reservados.

143

background image

velocidade electrónicos e os sistemas de airbag. Para obter máis información,

consulte co fabricante do vehículo ou do equipo.
O dispositivo só deberá ser reparado ou instalado nun vehículo por parte de persoal

cualificado. Unha instalación ou reparación defectuosa pode resultar perigosa e

pode invalidar a súa garantía. Comprobe regularmente que todos os dispositivos

sen fíos do vehículo funcionen e estean montados correctamente. Non almacene

nin transporte líquidos inflamables, gases ou materiais explosivos no mesmo

compartimento que o dispositivo, os seus compoñentes ou accesorios. Recorde que

os airbag despréganse con gran forza. Non coloque o dispositivo nin accesorios na

zona onde se desprega o airbag.
Apague o dispositivo antes de embarcar nun voo. O uso de teledispositivos sen fíos

nunha aeronave pode resultar perigoso para o funcionamento do avión, e pode ser

ilegal.