Accións na pantalla táctil
Tocar e tocar dúas veces
Normalmente, para abrir unha aplicación ou outro elemento da pantalla táctil, terá
que tocalo co dedo ou co estilete, mais para abrir os elementos seguintes, cómpre
tocar neles dúas veces.
Importante: Utilice unicamente o estilete autorizado por Nokia co
dispositivo. O uso doutros estiletes pode invalidar a garantía do dispositivo e danar
a pantalla táctil. Evite raiar a pantalla táctil. Nunca utilice bolígrafos, lapis nin
demais obxectos afiados para escribir na pantalla táctil.
● Elementos de lista dunha aplicación, como o cartafol Borrador da lista de
cartafoles de Mensaxería
Suxestión: Ao abrir unha vista de lista, xa estará resaltado o primeiro
elemento. Para abrir o elemento resaltado, tóqueo unha vez.
● Aplicacións e cartafoles do menú ao empregar o tipo de vista de lista
● Ficheiros dunha lista, por exemplo, unha imaxe na vista de vídeos e imaxes na
Galería.
Se toca nun ficheiro ou un elemento similar unha vez, non se abre, resáltase.
Para ver as opcións dispoñibles para o elemento, seleccione Opcións ou, de estar
dispoñible, seleccione unha icona na barra de ferramentas.
Seleccionar
Nesta documentación para o usuario, por "seleccionar" enténdese abrir aplicacións
ou elementos tocando neles unha ou dúas veces. Se precisa seleccionar varios
elementos nunha secuencia, os elementos de menú que se van seleccionar
sepáranse mediante frechas. Para seleccionar Opcións > Axuda, toque en
Opcións e, a continuación, en Axuda.
Introdución
© 2010 Nokia. Todos os dereitos reservados.
23
Arrastrar
Para arrastrar un elemento, tóqueo co dedo ou co estilete e deslíceo pola pantalla.
Para desprazarse cara arriba ou cara abaixo por unha páxina web, arrastre a páxina
co dedo ou co estilete.
Desprazarse
Para desprazarse, desprace o dedo rapidamente na pantalla cara á esquerda ou á
dereita. Cando estea a ver unha imaxe, para ver a seguinte ou a anterior, deslícea
cara á esquerda ou á dereita respectivamente.
Desprazarse para desbloquear a pantalla
táctil — Para desbloquear a pantalla táctil sen
responder a unha chamada, desprácese de dereita a
esquerda. O ton de chamada desactívase
automaticamente. Prema a tecla Chamar para
responder a unha chamada ou prema a tecla Finalizar
para rexeitala.
Desprazarse para responder a unha chamada — Para responder a unha
chamada entrante, desprácese de esquerda a dereita.
Desprazarse para deter unha alarma — Para deter o son da alarma, desprácese
de esquerda a dereita. Para repetir a alarma, desprácese de dereita a esquerda.
Desprazarse cara arriba ou abaixo
Para desprazarse cara arriba ou abaixo polas listas que dispoñan dunha barra de
desprazamento, arrastre o control escorregadizo e da barra de desprazamento.
Nalgunhas vistas de listas pode desprazarse colocando o dedo ou o estilete nun
elemento da lista e arrastrándoo cara arriba ou abaixo. Para desprazarse polos
contactos, coloque o dedo ou o estilete nun contacto e arrástreo cara arriba ou
abaixo.
Suxestión: Para ver unha breve descrición das iconas, coloque o dedo ou o
estilete nestas. As descricións non están dispoñibles para todas as iconas.
Introdución
© 2010 Nokia. Todos os dereitos reservados.
24
Luz de fondo da pantalla táctil
Logo dun período de inactividade, a luz de fondo da pantalla táctil apágase. Para
acendela, toque a pantalla.
De estaren bloqueadas as teclas e a pantalla táctil, ao tocar esta non se acenderá a
luz de fondo da pantalla. Para desbloquear a pantalla e as teclas, deslice o
interruptor de bloqueo.