Axustes de mensaxes de texto
Seleccione Menú > Mensaxería e Opcións > Axustes > Mensaxe texto.
Seleccione unha das opcións seguintes:
● Centros de mensaxes — Permite ver unha lista de todos os centros de mensaxes
de texto que se definiron.
Mensaxería
© 2010 Nokia. Todos os dereitos reservados.
61
● Centro mensaxes en uso — Permite seleccionar que centro de mensaxes
desexa usar para entregar mensaxes de texto.
● Codificación caracteres — Para utilizar a conversión de caracteres a outro
sistema de codificación cando estea dispoñible, seleccione Soporte reducido.
● Informe de recepción — Permite seleccionar se desexa que a rede envíe
informes de entrega das mensaxes (servizo de rede).
● Validez das mensaxes — Permite seleccionar durante canto tempo desexa que
o centro de mensaxes reenvíe a súa mensaxe se non o consegue a primeira vez
(servizo de rede). Se a mensaxe non se pode enviar dentro deste período de
validez, elimínase do centro de mensaxes.
● Mensaxe enviada como — Para obter información acerca de se o seu centro
de mensaxes pode converter as mensaxes de texto nestes outros formatos,
póñase en contacto co seu fornecedor de servizos.
● Conexión preferida — Permite seleccionar a conexión que desexa usar.
● Resp. desde mesmo ctro. — Permite seleccionar se desexa que a mensaxe de
resposta se envíe usando o mesmo número do centro de mensaxes de texto
(servizo de rede).