Axustes de mensaxes multimedia
Seleccione Menú > Mensaxería e Opcións > Axustes > Mensaxe
multimedia.
Seleccione unha das opcións seguintes:
● Tamaño da imaxe — Permite definir o tamaño das imaxes das mensaxes
multimedia.
● Modo creación MMS — Se selecciona Guiado, o dispositivo informaralle de que
se intenta enviar unha mensaxe, pode que non sexa admitida polo destinatario.
Se selecciona Restrinxido, o dispositivo impediralle que envíe mensaxes que
pode que non sexan admitidas polo destinatario. Para incluír contido nas
mensaxes sen notificacións, seleccione Libre.
● Punto de acceso en uso — Seleccione que punto de acceso se usa como
conexión preferida.
● Recuperación multimedia — Seleccione como desexa recibir mensaxes, se está
dispoñible. Para recibir mensaxes automaticamente na súa rede propia,
Mensaxería
© 2010 Nokia. Todos os dereitos reservados.
62
seleccione Auto. rede propia. Cando se atope fóra da súa rede propia, recibirá
unha notificación de que hai unha mensaxe para recuperar no centro de
mensaxes multimedia. Se selecciona Sempre automática, o dispositivo
establecerá automaticamente unha conexión de paquetes de datos activa para
recuperar a mensaxe tanto dentro como fóra da súa rede propia. Seleccione
Manual para recuperar mensaxes multimedia do centro de mensaxes
manualmente ou Desactivado para evitar recibir ningunha mensaxe
multimedia. Poida que a recuperación automática non se admita en todas as
rexións.
● Permitir mens. anónimas — Rexeita mensaxes de remitentes anónimos.
● Recibir publicidade — Recibe anuncios por mensaxes multimedia (servizo de
rede).
● Informes recepción — Mostra o estado das mensaxes enivadas no rexistro
(servizo de rede).
● Denegar envío informes — Evita que o dispositivo envíe informes de entrega
de mensaxes recibidas.
● Validez das mensaxes — Permite seleccionar durante canto tempo desexa que
o centro de mensaxes reenvíe a súa mensaxe se non o consegue a primeira vez
(servizo de rede). Se a mensaxe non se pode enviar dentro deste período de
tempo, eliminarase do centro de mensaxes.
O dispositivo require cobertura de rede para indicar que unha mensaxe enviada foi
recibida ou lida. Dependendo da rede e outras circunstancias, esta información non
é fiable sempre.