Nokia 5228 - Recuperación de mensaxes de correo electrónico

background image

Recuperación de mensaxes de correo electrónico

Seleccione Menú > Mensaxería e unha caixa de correo.
Se se atopa fóra de liña, seleccione Opcións > Conectar para abrir unha conexión

coa caixa de correo remota.

Importante: Teña precaución ao abrir as mensaxes, xa que é posible que

conteñan software nocivo ou daniño para o dispositivo ou o ordenador.
1. Se ten unha conexión aberta cunha caixa de correo remota, seleccione

Opcións > Recuperar correo > Novo para recuperar todas as mensaxes

novas, Seleccionado para recuperar só as mensaxes seleccionadas ou Todo

para recuperar todas as mensaxes da caixa de correo.
Para deter a recuperación de mensaxes, seleccione Cancelar.

2. Para pechar a conexión e ver as mensaxes de correo electrónico fóra de liña,

seleccione Opcións > Desconectar.

3. Para abrir unha mensaxe de correo electrónico, selecciónea. Se a mensaxe de

correo electrónico non se recuperou e vostede se atopa fóra de liña,

preguntaráselle se desexa recuperar esta mensaxe da caixa de correo.

Para ver os ficheiros anexos, abra a mensaxe e seleccione o campo do ficheiro

adxunto indicado mediante . Se o teléfono non recuperou o ficheiro anexo,

seleccione Opcións > Recuperar.
Para recuperar as mensaxes de correo electrónico automaticamente, seleccione

Opcións > Axustes de correo > Recuperación autom..
Axustar o teléfono para recuperar correos electrónicos automaticamente pode

implicar a transmisión de grandes cantidades de datos a través da rede do seu

fornecedor de servizos. Póñase en contacto co seu fornecedor de servizos para obter

información acerca das tarifas de transmisión de datos.