Axustes de conexión
Seleccione Opcións > Axustes > Conexión.
Modificar os axustes de conexión — Seleccione Conexión de rede e a conexión
desexada. Para usar a conexión definida por defecto no seus axustes de conexión
do seu dispositivo, seleccione Conexión predeterm..
Axustar o dispositivo para que lle notifique cando a rede doméstica non se
atopa dispoñible — Para recibir unha advertencia cando o dispositivo está
intentando conectarse a outra rede, seleccione Advertencia itinerancia >
Activada.
8. Personalización do dispositivo
É posible personalizar o seu teléfono cambiándolle a pantalla de inicio, os tons e os
temas.
Cambio do aspecto do dispositivo
Seleccione Menú > Axustes e Persoal > Temas.
É posible empregar temas para cambiar o aspecto da pantalla, como o fondo e o
deseño do menú.
Para cambiar o tema utilizado para todas as aplicacións do dispositivo, seleccione
Xeral. Para ver unha vista previa dun tema antes de activalo, desprácese ata el e