Axustes de Contactos de Ovi
Seleccione Opcións > Axustes.
Seleccione entre as seguintes:
Mensaxería
© 2010 Nokia. Todos os dereitos reservados.
69
● Conta — Acceda á información da conta e defina o seu nivel de visibilidade aos
demais nunha busca.
● Presenza — Permite amosar información sobre a súa localización aos seus
amigos e deixarlles ver cando está a facer unha chamada de teléfono (estado de
chamada)
● Personalización — Permite modificar os axustes relacionados co inicio e os
tons da aplicación Contactos de Ovi, e aceptar automaticamente invitacións de
amizade.
● Conexión — Seleccione a conexión de rede que desexa usar e active as
advertencias de itinerancia.
O uso dunha conexión de paquetes de datos pode implicar a transmisión de
grandes cantidades de datos a través da rede do seu fornecedor de servizos. Para
obter información verbo das tarifas de transmisión de datos, póñase en contacto
co seu fornecedor de servizos de rede.
● Saír — Rematar todos os chats activos e pechar a aplicación.