Nokia 5228 - Crear e editar o seu perfil

background image

Crear e editar o seu perfil

Editar a información do seu perfil — Seleccione O meu perfil.
Ver os perfís dos seus amigos de Contactos de Ovi — Seleccione un amigo e, a

continuación, Opcións > Perfil.
Os seus amigos de Contactos de Ovi poden visualizar a información do seu perfil. Os

outros usuarios de Contactos en Ovi só visualizan a seguinte información sobre o

perfil, por exemplo durante unha busca: nome e apelidos. Para modificar os seus

axustes de privacidade, diríxase a Ovi no seu PC, e inicie a sesión na súa conta Nokia.
Cambiar a imaxe de perfil — Seleccione a imaxe de perfil, Selec. imaxe

existente e a imaxe nova. Tamén pode editar ou eliminar a imaxe actual do perfil

ou capturar unha nova.
Cambiar a súa dispoñibilidade — A súa dispoñibilidade está axustada por defecto

en Dispoñible. Para modificar a súa dispoñibilidade, seleccione a icona.
Contarlles aos seus amigos que está a facer neste momento — Seleccione Qué

estás facendo?, e insira texto no campo.
Amosar aos amigos a música que está a escoitar actualmente — Seleccione

Reproducindo. Para facelo, debe marcar nos axustes de presenza a opción amosar

información sobre a reprodución actual.
Editar a súa información de contacto — Seleccione un campo e insira texto.
Na vista o Meu Perfil, seleccione Opcións e escolla entre as seguintes opcións:
Editar texto — Cortar, copiar ou pegar texto.

Cambiar — Modificar o seu estado (cando o campo de estado está seleccionado).

Desfacer cambios — Desfacer os cambios realizados na vista perfil.
As opcións dispoñibles poden variar.