Fale cos amigos
Iniciar unha conversa cun amigo — Seleccione o amigo.
Enviar unha mensaxe de chat — Introduza o texto no campo da mensaxe e
seleccione a icona de envío.
Na vista de chat, seleccione Opcións e unha das seguintes opcións:
Mensaxería
© 2010 Nokia. Todos os dereitos reservados.
67
● Enviar — Enviar a mensaxe.
● Engadir sorriso — Inserir unha emoticona.
● Enviar a miña localiz. — Enviar os detalles de situación ao compañeiro de chat
(se o admiten os dous dispositivos).
● Perfil — Ver os detalles dun amigo.
● O meu perfil — Permite seleccionar o seu estado de presenza ou imaxe de perfil,
personalizar a súa mensaxe ou cambiar a súa información.
● Editar texto — Permite copiar ou pegar texto.
● Finalizar chat — Finalizar o chat activo.
● Saír — Finalizar todos os chats activos e pechar a aplicación.
As opcións dispoñibles poden variar.
Para recibir información sobre a situación do seu amigo, debe ter a aplicación
Mapas. Para enviar e recibir información da situación, necesítanse as aplicacións
Mapas e Posicionamento.
Ver a localización dun amigo — Seleccione Amosar no mapa.
Volver á vista principal de Contactos de Ovi sen rematar o chat — Seleccione
Atrás.
Engadir, copiar ou chamar a números de teléfono dun chat — Diríxase a un
número de teléfono dun chat, seleccione Opcións e a opción axeitada.